Novo en calibre?
calibre é intuitivo, pero tamén moi potente. Para comezar a usalo rapidamente, saca o máximo proveito del ou recibe axuda e consellos, podes consultar:
- O vídeo de presentación do Grand Tour que che mostrará como configurar calibre e cales son as súas principais características.
- Lista de Preguntas Frecuentes (FAQ) que che axudará a resolver problemas comúns.
- Cando executas calibre por primeira vez, engádese automaticamente unha Guía de inicio rápido á túa biblioteca de calibre
- O completo Manual de usuario que che mostrará como facer case calquera cousa en calibre.
- E por último, un foro onde podes facer calquera pregunta que teñas e obter respostas.
Tamén podes consultar o Facebook de calibre e páxinas de Twitter para conectar con outros usuarios.
Tutoriais
Se non atopaches o que buscabas, tamén podes consultar algúns dos tutoriais de calibre:
- Tutoriais en vídeo básicos que che mostrarán como usar o editor de libros electrónicos calibre e axustar a interface.
- ABC de conversión de formato de libro electrónico, de John Schember.
- Unha guía paso a paso sobre a conversión de formatos HTML e Microsoft Word usando calibre.
- Como instalar calibre no seu Synology NAS.
- Outra guía paso a paso sobre a creación de ficheiros EPUB a partir de OpenOffice e Word, da Universidade de Leicester.
Recursos en idiomas distintos do inglés
- En primeiro lugar, e o máis importante, o Manual de usuario de calibre está dispoñible en moitas linguas diferentes. Só tes que facer clic na ligazón Cambiar idioma na barra lateral para velo noutro idioma.
- A Guía de inicio rápido tamén está dispoñible en varios idiomas.
- Unha guía para principiantes en alemán